LOITA LIBRE OLÍMPICA


A Loita é unha das formas máis elementais de combate entre individuos e remóntase á prehistoria, alcanzando xa un grande auxe na Antiga Grecia, Exipto, Mesopotamia e a India.


É un dos deportes máis completos, posto que por unha parte, permite o desenvolvemento de tódolos músculos do corpo e ademáis, require traballo cerebral para executar presas, contrapesas, paradas, etc, sendo un deporte que nos obliga a desplegar unha grande forza muscular, pero coa particularidade con respecto a outros deportes de non descompensar a morfoloxía do deportista, posto que ningún músculo predomina sobre outro.


Parece ser que os primeiros indicios que temos deste deporte datan duns 5000 anos A.C., segundo indican unhas excavacións que o arqueólogo Spencer fixo nas ruinas do templo de Carcage, en Mesopotamia, no ano 1838, onde nunha peza de bronce aparecen representados dous loitadores en acción. Posteriormente, cara o ano 2500 A.C, nas tumbas de Beni-Hassan, nas beiras do río Nilo, esculpíronse moitas escenas de loita onde podemos ver gran parte das presas e caidas. disto dedúcese que a loita foi introducida en Grecia, pero que procedía de Exipto e Asia.


Nos tempos mitolóxicos, Anteo e Cerción sucumbiron ante Hércules e Teseo. O xigante Anteo, cando loitaba e caía non era derrotado, como o eran a xeneralidade dos loitadores, senon que era o seu punto de partida, el era o fillo da Terra, e cada vez que caia e tocaba o seo materno, tomaba maiores forzas e cobraba bríos, polo que cando Hércules o derrota, faino levantándoo en vilo sen permitir que toque a terra.


A loita está incluída nos Xogos Olímpicos dende os tempos máis remotos, ainda que caeu en desuso durante a época dos desordes de Grecia, pero cando as predicións do Oráculo de Delfos restableceron os Xogos, a loita aparece pletórica na XVIII Olimpíada, sendo Eurigantes o primeiro triunfador.


Dous estilos de loita se inclúen no programa Olímpico actual: Loita Grecorromanana e Loita Libre Olímpica.


Loita Grecorromana: Caracterízase porque os dous loitadores que compiten fano en diversas posicións, en vertical ou horizontal, o obxectivo de cada un é colocar ao contrario de cosas ao tapiz cunha serie de presas e durante uns segundos para que o árbitro do combate poida constatar o tocado, o cal daría por finalizado o combate podendo conseguir tamén a victoria por puntos que se otorgará ao loitador que consiga a maioría dos votos do árbitro e os xuices.

Unha característica especial desta modalidade é que o deportista, a fin de derrubar ao contrario, debe servirse dos brazos e das mans abertas, non podéndose golpear nin agarrar máis abaixo da cintura, QUEDANDO PROHIBIDO O USO DE MOVEMENTOS E PRESAS QUE CAUSEN DOR, así como a utilización dos membros inferiores para provocar a caida do adversario.


Loita Libre Olímpica: Diferénciase profundamente da loita Grecorromana, en que nesta modalidade está permitido o uso e agarre das pernas para derrubar ao contrario. A forma de combate é diferente.


Este deporte ríxeo actualmente a FILA (Federación Internacional de Loitas Asociadas), e que foi fundada no ano 1921, ainda que o Barón de Coubertain no ano 1896 en Atenas, onde se celebrou a primeira Olimpiada da Era Moderna, xa engadira a Loita Grecorromana dentro dos Xogos Olímpicos.


A partires dos Xogos Olímpicos de Londres no ano 1908, estas modalidades apareceron de xeito regular no programa olímpico.


A Federación Española de Loita fúndase no ano 1933, disputándose ese ano o I Campionato de España de Loita Grecorromana, celebrándose tódolos anos, excepto do 1937 ao 1940, por motivo da Guerra Civil.


No ano 1970 celébrase o I Campionato de España de Loita Libre Olímpica.


A loita dispútase sobre un tapiz cadrado de 12 x 12 metros dividido á súa vez en dúas zonas, a zona central de loita de cor amarela, que é un círculo de 7 m de diámetro, e a zona de perigo, corona exterior á zona central de 1 m de anchura e de cor vermello; a superficie de seguridade é a área comprendida entre a superficie de combate e o límite do tapiz e é de cor azul.

Cada combate está dividido en 3 periodos independentes de 2 minutos cada un, con un descanso entre eles de 30 segundos.


Existen principalmente dúas formas de gañar un combate:


  • Por tocado: Cando o loitador mantén controlado coas dúas omoplatas sobre o tapiz ao seu adversario, o tempo suficiente para que o corpo arbitral o constate. Non importa o marcador.

  • Gañando dous dos tres periodos. Se un loitador gaña os dous primeiros periodos o terceiro non se disputa.