LATERALIDADE




A lateralidade é a predominacia dun segmento corporal sobre o outro. Cando o segmento corporal dominante é o dereito, falamos de destros e se predomina o segmento esquerdo falamos de zurdos. O emprego preferente dunha parte do Corpo (man, ollo, pé e oído) depende das funcións que se establecen entre os dous hemisferios cerebrais. Todos temos un hemisferio cerebral dominante (nos destros o hemisferio dominante é o esquerdo e o dominante nos zurdos é o dereito) e outro subdominante.
Para algúns autores, o 50% dos estudantes que padecen fracaso escolar teñen problemas de lateralidade. Estes nenos/as presentan problemas de atención e fatíganse con máis facilidade.
Unha boa organización lateral ollo-man-pé-oído, favorece a resolución de problemas escolares e personais.
Aos cinco ou seis anos o neno/a debe ter unha lateralidade ben definida para dominar os factores do espacio e tempo e a aprendizaxe de letras e números. Sen unha correcta organización lateral o neno/a non sabe se “52” e “25” son iguales ou diferentes e poden confundir as letras “EL” e “LE”.
É importantísimo diagnosticar o desenrolo lateral dos alumnos/as e axudarlles a construirse como destros ou coma zurdos de maneira activa. Non é prudente deixar o desenrolo da lateralidade en mans do azar ou das circunstancias.
Calcúlase que entre o 20 e 30% dos adultos non teñen unha lateralidade ben desenrolada e esto trae consecuencias graves tanto na aprendizaxe coma no plano personal.


Hai dúas formas de diagnosticas a lateralidade:
1. A observación directa: Tanto na familia coma na escola. As respostas manuais son máis fiables cando son espontáneas (dar unha patada a unha pelota, coller un obxecto, empuxar unha porta,…)

2. Exploración Sistemática: Aplicando unha serie de probas empregadas habitualmente polos especialistas. O mestre pode aplicalas, sobre todo, ao alumnado que teña algunha dificultade na lectura e escritura.


No ensino primario, os síntomas dun neno/a con lateralidade contrariada acostuman a ser:
- Alteracións gráficas e dificultades para organizarse nun espacio e tempo. A expresión máis común son as inversión gráficas e/ou de letras.
- Aparecen actitudes de inseguridade, inestabilidade e falta de decisión.
- Problemas psicomotrices.
- Problemas de aprendizaxe. Moitos signos de “dislexia” son froito de unha alteración da lateralidade.


A localización, fixación e desenrolo da lateralidade dos nenos/as en idade temperá, resulta fundamental para a súa correcta maduración, debendo respetar en todo momento a súa lateralidade, xa que é absolutamente contraproducente o feito de tratar de cambialo (querer facer destros aos zurdos ou viceversa).