SURF

O surf é un deporte que consiste en deslizarse sobre as ondas do mar de pe sobre unha táboa, dirixíndoa gracias a unha ou varias quillas situadas na parte traseira da táboa.


Tense constancia da presencia do surf dende fai máis de 500 anos nas illas da Polinesia.

No século XX o surf adquiriu unha enorme importacia gracias ao interese de turistas e militares estadounidenses en Hawai e a fama do hawaiano olímpico Duke Kahanamoku, o surf comezou a facerse popular nas costas de California e Australia, creando o xermolo dunha subcultura nos ámbitos nos que se practicaba, extendéndose depois a outros países.

Esto sucedía nos anos 50 e 60. Por aquelas datas, as táboas eran grandes obxectos de madeira maciza e o surf era unha práctica sinxela. Máis tarde, foise volvendo máis difícil gracias á audacia de pioneiros como Óscar Rodríguez, patriarca do surf moderno de grandes ondas. Tamén houbo unha evolución nas acrobacias e movementos, ao tempo que unha investigación en novos deseños e materiais de táboas permitiran outras expresións.

É importante sinalar que este deporte require de cualidades tales como: equilibrio, axilidade e coordinación.

Aproveitando o bó tempo do día 13 de abril, nas praias de Ribadeo, probamos a dificultade que supón intentar deslizarse sobre as ondas montado/a sobre unha táboa.

BÉISBOL

Os días 7 e 8 de abril, viñeron ao colexio dous adestradores do equipo de béisbol Lume Lugo, Jesús y Eduard, que nos ensinaron un pouco máis deste divertido deporte e que non é moi coñecido no noso pais ainda que noutros lugares si que é moi popular.

O poder practicar este deporte en diferentes posicións (pitcher, catcher, shortstop, right/left/center fielder,...) fixo que coñezamos mellor o béisbol e que nos divirtamos un montón practicándoo.