O GOLF


As orixes do Golf, tal e como sucede coa maior parte dos deportes, non son claros e moitos pobos trataron de atribuirse a súa invención. Sen embargo, hai varias prácticas deportivas de diferentes lugares do globo e de diferentes épocas que poden considerarse o preludio de que hoxe coñecemos como Golf.

Quizais a máis antiga sexa a "Pagánica", practicada polos romanos. As ferramentas empregadas eran un pau curvo e unha pelota con plumas; a lóxica do xogo era similar á do Golf actual.

Outras opinións apuntan aos Países Baixos pola etimoloxía: "Kolf" significa pelota ou bola en holandés; o xogo denominábase "Kolven" e de aquí podería derivar "Golf".

Pero dunha forma ou outra, o único dato tanxible é que o golf da actualidade inventouse en Escocia cara o século XIV e dende aquí exportouse ao resto do mundo. Nun principio tivo que prohibirse oficialmente porque o rei temía que a práctica do golf fixese diminuir o tiro con arco, necesario militarmente. De tódolos xeitos, o pobo non fixo caso e seguiron xogando ao golf, co que acabou derogándose.

María Estuardo foi a primeira que levou o golf fora de Escocia, en concreto a Francia. Alí tiña algúns axudantes no campo aos que chamaba "Cadets" (alumnos). De aquí surxe a actual denominación dos "caddies". Ao redor de esta época, o golf tamén chega a Inglaterra e remata converténdose nun xogo selecto, ao contrario do que sucedera ao principio, cando o pobo e os nobles xogaban indistintamente. A partires da influencia inglesa, o golf pasa a ser considerado un deporte selecto, de élites e continuará considerándose así, pois é este país o que leva o deporte a Estados Unidos, outro dos berces do golf actual.

O deporte segue avanzando, á par que avanza a ciencia e con ela os materiais dos paus e pelotas, o estado dos campos, etc.

Os xogadores comezan a asociarse sobre o século XVIII. A primeira asociación coñecida é a Honourable Company of Edinburgh Golfers, de Escocia. En España, o primeiro clube de golf fúndase nas Palmas de Gran Canaria en 1891.

Dende finais do século XIX ata os nosos días, multiplicáronse o número de campos por todo o mundo, así como os practicantes do deporte. Incluso podería falarse dunha febre do golf, unha moda sen precedentes que conseguiu reunir ao seu redor unha serie de complexos turísticos, pensados para medrar ao seu redor: hoteis, urbanizacións, restaurantes,...

Agora non se constrúen campos de golf ao redos de luxosos hoteis, senon que os hoteis de catro e cinco estrelas érguense á sombra de extensos campos e incluso chega a haber rúas de algúns campos de golf que á vez fan de pequeno xardín dos chalets dunha urbanización.

VOCABULARIO BÁSICO:

  • GRIP: A forma de coller o pau.
  • SWING: Modo de golpear a bola.
  • GREEN: Zona de herba moi corta onde está situada a bandeira.
  • RÚA: Zona do campo que precede ao Green.
  • HOLE IN ONE: Cando a bola entre no burato ao primeiro golpe.
  • PAR: Número de golpes nos que se debe facer a burato.
  • BIRDIE: A bola entra no burato empregando un golpe menos do que indica o par.
  • BOOGEY: A bola entra no burato empregando dous golpes menos do que indica o par.
  • ALBATROSS: A bola entra no burato empregando tres golpes menos do que indica o par.
  • HÁNDICAP: Especie de credencial que indica o teu coñecemento do xogo, otorgándoche unha ventaxa maior ou menor para completar o par do campo.

O golf, está tratando de romper esa "etiqueta" de elitismo de deporte que só poden practicar as persoas con maior poder adquisitivo, e que, lonxe de ser un deporte aburrido e monótono como moita xente (que nunca xogou a el) pensa, é un deporte moi divertido no que o xogador está en continuo desafío consigo mesmo e contra o entorno que lle rodea.

AS FUNCIÓNS DA EDUCACIÓN FÍSICA.

A Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación total que utiliza dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións:
  • Función de coñecemento: na medida de que o movemento é un dos instrumentos cognitivos fundamentais da persoa. A través del a persoa organiza as súas percepcións, a súa imaxen, a dos demáis e do entorno.

  • Función de organización perceptiva: Defendida por Piaget, destaca a importancia do movemento na formación da intelixencia e como este contribúe, a través das percepcións e experiencias, a formar, coñecer, representar o seu corpo, o dos demáis e o mundo que o rodea.

  • Función anatómico-funcional: Relativa á mellora das capacidades do individuo. é unha función que deu dende o principio da humanidade, dende a mesma Prehistoria, ata a actualidade.

  • Función estético/comunicativa: Por medio de manifestacións artísticas e de comunicación.

  • Función de relación social coas demais persoas: Interaccionando co resto de participantes.

  • Función agonística: Supón a demostración das habilidades e cualidades dun individuo, permítelle medirse, loitar, superarse, mellorar, enfrontarse e especialmente, competir.

  • Función hixiénica: Mellorando a saúde e previndo enfermidades. Esta é unha das funcións máis antigas atribuidas ao movemento.

  • Función hedonista: Relativa ao pracer que produce o movemento.

  • Función de compensación: Supón a superación das restriccións ou dos efectos producidos pola sociedade industrial (sedentarismo) e como efécto catártico (para liberar tensións.

¿QUÉ É A EDUCACIÓN FÍSICA?


Entendemos a Educación Física como un área de coñecemento esencial na educación básica que a través do movemento pretende a educación corporal, mental e social na mesma liña que outros autores:
- (Blázquez, 2001) citando a S. Giuliano defínea como “ aquela parte da actividade que desenvolve por medio de movementos voluntarios e precisos a esfera fisiolóxica, psíquica moral e social, contribuíndo durante o desenvolvemento á formación dunha mellor personalidade do futuro do home.”

- (Blázquez, Domingo, 2001) “ A educación Física pódese considerar como unha verdadeira pedagoxía das conductas motrices dos individuos. A súa finalidade é a educación e o medio empregado a motricidade”.

- (Bucher, 1999), define a Educación física do seguinte xeito: “ É unha parte integral do proceso total educativo e que ten como propósito o desenvolvemento de cidadáns física, mental, emocional e socialmente sans, a través do medio das actividades físicas que se teñan seleccionado con vista a lograr estes resultados”.
Esta área de coñecemento na Educación Primaria debe fundamentarse especialmente na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara o coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, de valores e de normas referentes ao corpo e ao movemento.
Durante a etapa de Primaria, realizaranse as tarefas a través do xogo dirixido para que os nenos/as traballen aspectos da motricidade divertíndose e sin darse conta de que así o están a facer. Empreremos o xogo como o eixe vertebrador das nosas sesións; tendo en conta que a Educación Física é moito máis que xogo, pero é moi pouco sen el.