Mostrando entradas con la etiqueta SEGUNDO CICLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEGUNDO CICLO. Mostrar todas las entradas

BÉISBOL

Os días 7 e 8 de abril, viñeron ao colexio dous adestradores do equipo de béisbol Lume Lugo, Jesús y Eduard, que nos ensinaron un pouco máis deste divertido deporte e que non é moi coñecido no noso pais ainda que noutros lugares si que é moi popular.

O poder practicar este deporte en diferentes posicións (pitcher, catcher, shortstop, right/left/center fielder,...) fixo que coñezamos mellor o béisbol e que nos divirtamos un montón practicándoo.

LOITA LIBRE OLÍMPICA


A Loita é unha das formas máis elementais de combate entre individuos e remóntase á prehistoria, alcanzando xa un grande auxe na Antiga Grecia, Exipto, Mesopotamia e a India.


É un dos deportes máis completos, posto que por unha parte, permite o desenvolvemento de tódolos músculos do corpo e ademáis, require traballo cerebral para executar presas, contrapesas, paradas, etc, sendo un deporte que nos obliga a desplegar unha grande forza muscular, pero coa particularidade con respecto a outros deportes de non descompensar a morfoloxía do deportista, posto que ningún músculo predomina sobre outro.


Parece ser que os primeiros indicios que temos deste deporte datan duns 5000 anos A.C., segundo indican unhas excavacións que o arqueólogo Spencer fixo nas ruinas do templo de Carcage, en Mesopotamia, no ano 1838, onde nunha peza de bronce aparecen representados dous loitadores en acción. Posteriormente, cara o ano 2500 A.C, nas tumbas de Beni-Hassan, nas beiras do río Nilo, esculpíronse moitas escenas de loita onde podemos ver gran parte das presas e caidas. disto dedúcese que a loita foi introducida en Grecia, pero que procedía de Exipto e Asia.


Nos tempos mitolóxicos, Anteo e Cerción sucumbiron ante Hércules e Teseo. O xigante Anteo, cando loitaba e caía non era derrotado, como o eran a xeneralidade dos loitadores, senon que era o seu punto de partida, el era o fillo da Terra, e cada vez que caia e tocaba o seo materno, tomaba maiores forzas e cobraba bríos, polo que cando Hércules o derrota, faino levantándoo en vilo sen permitir que toque a terra.


A loita está incluída nos Xogos Olímpicos dende os tempos máis remotos, ainda que caeu en desuso durante a época dos desordes de Grecia, pero cando as predicións do Oráculo de Delfos restableceron os Xogos, a loita aparece pletórica na XVIII Olimpíada, sendo Eurigantes o primeiro triunfador.


Dous estilos de loita se inclúen no programa Olímpico actual: Loita Grecorromanana e Loita Libre Olímpica.


Loita Grecorromana: Caracterízase porque os dous loitadores que compiten fano en diversas posicións, en vertical ou horizontal, o obxectivo de cada un é colocar ao contrario de cosas ao tapiz cunha serie de presas e durante uns segundos para que o árbitro do combate poida constatar o tocado, o cal daría por finalizado o combate podendo conseguir tamén a victoria por puntos que se otorgará ao loitador que consiga a maioría dos votos do árbitro e os xuices.

Unha característica especial desta modalidade é que o deportista, a fin de derrubar ao contrario, debe servirse dos brazos e das mans abertas, non podéndose golpear nin agarrar máis abaixo da cintura, QUEDANDO PROHIBIDO O USO DE MOVEMENTOS E PRESAS QUE CAUSEN DOR, así como a utilización dos membros inferiores para provocar a caida do adversario.


Loita Libre Olímpica: Diferénciase profundamente da loita Grecorromana, en que nesta modalidade está permitido o uso e agarre das pernas para derrubar ao contrario. A forma de combate é diferente.


Este deporte ríxeo actualmente a FILA (Federación Internacional de Loitas Asociadas), e que foi fundada no ano 1921, ainda que o Barón de Coubertain no ano 1896 en Atenas, onde se celebrou a primeira Olimpiada da Era Moderna, xa engadira a Loita Grecorromana dentro dos Xogos Olímpicos.


A partires dos Xogos Olímpicos de Londres no ano 1908, estas modalidades apareceron de xeito regular no programa olímpico.


A Federación Española de Loita fúndase no ano 1933, disputándose ese ano o I Campionato de España de Loita Grecorromana, celebrándose tódolos anos, excepto do 1937 ao 1940, por motivo da Guerra Civil.


No ano 1970 celébrase o I Campionato de España de Loita Libre Olímpica.


A loita dispútase sobre un tapiz cadrado de 12 x 12 metros dividido á súa vez en dúas zonas, a zona central de loita de cor amarela, que é un círculo de 7 m de diámetro, e a zona de perigo, corona exterior á zona central de 1 m de anchura e de cor vermello; a superficie de seguridade é a área comprendida entre a superficie de combate e o límite do tapiz e é de cor azul.

Cada combate está dividido en 3 periodos independentes de 2 minutos cada un, con un descanso entre eles de 30 segundos.


Existen principalmente dúas formas de gañar un combate:


  • Por tocado: Cando o loitador mantén controlado coas dúas omoplatas sobre o tapiz ao seu adversario, o tempo suficiente para que o corpo arbitral o constate. Non importa o marcador.

  • Gañando dous dos tres periodos. Se un loitador gaña os dous primeiros periodos o terceiro non se disputa.

AS FUNCIÓNS DA EDUCACIÓN FÍSICA.

A Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación total que utiliza dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións:
  • Función de coñecemento: na medida de que o movemento é un dos instrumentos cognitivos fundamentais da persoa. A través del a persoa organiza as súas percepcións, a súa imaxen, a dos demáis e do entorno.

  • Función de organización perceptiva: Defendida por Piaget, destaca a importancia do movemento na formación da intelixencia e como este contribúe, a través das percepcións e experiencias, a formar, coñecer, representar o seu corpo, o dos demáis e o mundo que o rodea.

  • Función anatómico-funcional: Relativa á mellora das capacidades do individuo. é unha función que deu dende o principio da humanidade, dende a mesma Prehistoria, ata a actualidade.

  • Función estético/comunicativa: Por medio de manifestacións artísticas e de comunicación.

  • Función de relación social coas demais persoas: Interaccionando co resto de participantes.

  • Función agonística: Supón a demostración das habilidades e cualidades dun individuo, permítelle medirse, loitar, superarse, mellorar, enfrontarse e especialmente, competir.

  • Función hixiénica: Mellorando a saúde e previndo enfermidades. Esta é unha das funcións máis antigas atribuidas ao movemento.

  • Función hedonista: Relativa ao pracer que produce o movemento.

  • Función de compensación: Supón a superación das restriccións ou dos efectos producidos pola sociedade industrial (sedentarismo) e como efécto catártico (para liberar tensións.

¿QUÉ É A EDUCACIÓN FÍSICA?


Entendemos a Educación Física como un área de coñecemento esencial na educación básica que a través do movemento pretende a educación corporal, mental e social na mesma liña que outros autores:
- (Blázquez, 2001) citando a S. Giuliano defínea como “ aquela parte da actividade que desenvolve por medio de movementos voluntarios e precisos a esfera fisiolóxica, psíquica moral e social, contribuíndo durante o desenvolvemento á formación dunha mellor personalidade do futuro do home.”

- (Blázquez, Domingo, 2001) “ A educación Física pódese considerar como unha verdadeira pedagoxía das conductas motrices dos individuos. A súa finalidade é a educación e o medio empregado a motricidade”.

- (Bucher, 1999), define a Educación física do seguinte xeito: “ É unha parte integral do proceso total educativo e que ten como propósito o desenvolvemento de cidadáns física, mental, emocional e socialmente sans, a través do medio das actividades físicas que se teñan seleccionado con vista a lograr estes resultados”.
Esta área de coñecemento na Educación Primaria debe fundamentarse especialmente na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara o coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, de valores e de normas referentes ao corpo e ao movemento.
Durante a etapa de Primaria, realizaranse as tarefas a través do xogo dirixido para que os nenos/as traballen aspectos da motricidade divertíndose e sin darse conta de que así o están a facer. Empreremos o xogo como o eixe vertebrador das nosas sesións; tendo en conta que a Educación Física é moito máis que xogo, pero é moi pouco sen el.

O PING PONG

Os inicios do Tenis de Mesa son oscuros e non se sabe con certeza cando se practicou por vez primeira. Podemos dicir que foi na década de 1870 cando este deporte surxiu en Inglaterra como unha derivación do Tenis. É posible que xogadores de Tenis, ante a adversa climatoloxía, inventaran unha especie de Tenis en miniatura empregando unha mesa de billar ou de comedor no Clube de Tenis e dividíndoa en dous campos con libros ou simultáneamente con unha corda. Como pelotas, servirían algúns dos moitos modelos existentes para xogos infantís, ou incluso tapóns de corcho convenientemente adaptados. As raquetas serían tapas de caixas de puros. Indudablemente mestúrase a lenda coa realidade.

No ano 1891, James Gibb, improvisou un material que consistía nunha rede fixa a dous postes e sobre unha superficie de madeira elevada do chan, inventando un xogo de 21 puntos e con pelotas de goma. Gibb, encontrou en América pequenas pelotas de celuloide, introducíndoas no xogo con un éxito inmediato. Wiames Gibb, suxeriu o nome de “Ping Pong” á firma Jhon Jaques LTDA, a cal rexistrouno ao momento con todo éxito. O nome provén polo sonido de “Ping” que facía a pelota de celuloide ao impactar coas raquetas recubertas de pergamino, e o sonido “Pong” que se producía ao contacto da pelota coa mesa. Este nome, conservouse entre a xente ata os nosos días a pesar do empeño de outras empresas de cambialo para obter beneficios económicos.
Como tódolos deportes, o Ping Pong nace nun lugar concreto (Inglaterra) e desde ahí exténdese por todo o mundo. Tal é así, que na actualidade, os mellores xogadores/as profesionais deste deporte son os xogadores/as asiáticos, principalmente os chineses.