O surf é un deporte que consiste en deslizarse sobre as ondas do mar de pe sobre unha táboa, dirixíndoa gracias a unha ou varias quillas situadas na parte traseira da táboa.Tense constancia da presencia do surf dende fai máis de 500 anos nas illas da Polinesia.
No século XX o surf adquiriu unha enorme importacia gracias ao interese de turistas e militares estadounidenses en Hawai e a fama do hawaiano olímpico Duke Kahanamoku, o surf comezou a facerse popular nas costas de California e Australia, creando o xermolo dunha subcultura nos ámbitos nos que se practicaba, extendéndose depois a outros países.
Esto sucedía nos anos 50 e 60. Por aquelas datas, as táboas eran grandes obxectos de madeira maciza e o surf era unha práctica sinxela. Máis tarde, foise volvendo máis difícil gracias á audacia de pioneiros como Óscar Rodríguez, patriarca do surf moderno de grandes ondas. Tamén houbo unha evolución nas acrobacias e movementos, ao tempo que unha investigación en novos deseños e materiais de táboas permitiran outras expresións.
É importante sinalar que este deporte require de cualidades tales como: equilibrio, axilidade e coordinación.
Aproveitando o bó tempo do día 13 de abril, nas praias de Ribadeo, probamos a dificultade que supón intentar deslizarse sobre as ondas montado/a sobre unha táboa.