O aeróbic foi creado en 1968 polo doutor Kenneth H. Cooper quen introduxo un tipo de exercicio físico para adestrar o corazón e os pulmóns e puxo a primeira pedra sobre o concepto de aeróbic nos Estados Unidos. Ata principios dos anos 90 o aeróbic non se converteu na popular actividade que é hoxe en día.
O xoves 27 de outubro, tivemos a posibilidade de coñecer de primeira man os beneficios deste deporte, baixo a direción dunha fantástica monitora como é Lucía. Seguindo as súas indicacións, desfrutamos dunha das actividades máis completas e divertidas que existen.