O GOLF


As orixes do Golf, tal e como sucede coa maior parte dos deportes, non son claros e moitos pobos trataron de atribuirse a súa invención. Sen embargo, hai varias prácticas deportivas de diferentes lugares do globo e de diferentes épocas que poden considerarse o preludio de que hoxe coñecemos como Golf.

Quizais a máis antiga sexa a "Pagánica", practicada polos romanos. As ferramentas empregadas eran un pau curvo e unha pelota con plumas; a lóxica do xogo era similar á do Golf actual.

Outras opinións apuntan aos Países Baixos pola etimoloxía: "Kolf" significa pelota ou bola en holandés; o xogo denominábase "Kolven" e de aquí podería derivar "Golf".

Pero dunha forma ou outra, o único dato tanxible é que o golf da actualidade inventouse en Escocia cara o século XIV e dende aquí exportouse ao resto do mundo. Nun principio tivo que prohibirse oficialmente porque o rei temía que a práctica do golf fixese diminuir o tiro con arco, necesario militarmente. De tódolos xeitos, o pobo non fixo caso e seguiron xogando ao golf, co que acabou derogándose.

María Estuardo foi a primeira que levou o golf fora de Escocia, en concreto a Francia. Alí tiña algúns axudantes no campo aos que chamaba "Cadets" (alumnos). De aquí surxe a actual denominación dos "caddies". Ao redor de esta época, o golf tamén chega a Inglaterra e remata converténdose nun xogo selecto, ao contrario do que sucedera ao principio, cando o pobo e os nobles xogaban indistintamente. A partires da influencia inglesa, o golf pasa a ser considerado un deporte selecto, de élites e continuará considerándose así, pois é este país o que leva o deporte a Estados Unidos, outro dos berces do golf actual.

O deporte segue avanzando, á par que avanza a ciencia e con ela os materiais dos paus e pelotas, o estado dos campos, etc.

Os xogadores comezan a asociarse sobre o século XVIII. A primeira asociación coñecida é a Honourable Company of Edinburgh Golfers, de Escocia. En España, o primeiro clube de golf fúndase nas Palmas de Gran Canaria en 1891.

Dende finais do século XIX ata os nosos días, multiplicáronse o número de campos por todo o mundo, así como os practicantes do deporte. Incluso podería falarse dunha febre do golf, unha moda sen precedentes que conseguiu reunir ao seu redor unha serie de complexos turísticos, pensados para medrar ao seu redor: hoteis, urbanizacións, restaurantes,...

Agora non se constrúen campos de golf ao redos de luxosos hoteis, senon que os hoteis de catro e cinco estrelas érguense á sombra de extensos campos e incluso chega a haber rúas de algúns campos de golf que á vez fan de pequeno xardín dos chalets dunha urbanización.

VOCABULARIO BÁSICO:

  • GRIP: A forma de coller o pau.
  • SWING: Modo de golpear a bola.
  • GREEN: Zona de herba moi corta onde está situada a bandeira.
  • RÚA: Zona do campo que precede ao Green.
  • HOLE IN ONE: Cando a bola entre no burato ao primeiro golpe.
  • PAR: Número de golpes nos que se debe facer a burato.
  • BIRDIE: A bola entra no burato empregando un golpe menos do que indica o par.
  • BOOGEY: A bola entra no burato empregando dous golpes menos do que indica o par.
  • ALBATROSS: A bola entra no burato empregando tres golpes menos do que indica o par.
  • HÁNDICAP: Especie de credencial que indica o teu coñecemento do xogo, otorgándoche unha ventaxa maior ou menor para completar o par do campo.

O golf, está tratando de romper esa "etiqueta" de elitismo de deporte que só poden practicar as persoas con maior poder adquisitivo, e que, lonxe de ser un deporte aburrido e monótono como moita xente (que nunca xogou a el) pensa, é un deporte moi divertido no que o xogador está en continuo desafío consigo mesmo e contra o entorno que lle rodea.