¿QUÉ É A EDUCACIÓN FÍSICA?


Entendemos a Educación Física como un área de coñecemento esencial na educación básica que a través do movemento pretende a educación corporal, mental e social na mesma liña que outros autores:
- (Blázquez, 2001) citando a S. Giuliano defínea como “ aquela parte da actividade que desenvolve por medio de movementos voluntarios e precisos a esfera fisiolóxica, psíquica moral e social, contribuíndo durante o desenvolvemento á formación dunha mellor personalidade do futuro do home.”

- (Blázquez, Domingo, 2001) “ A educación Física pódese considerar como unha verdadeira pedagoxía das conductas motrices dos individuos. A súa finalidade é a educación e o medio empregado a motricidade”.

- (Bucher, 1999), define a Educación física do seguinte xeito: “ É unha parte integral do proceso total educativo e que ten como propósito o desenvolvemento de cidadáns física, mental, emocional e socialmente sans, a través do medio das actividades físicas que se teñan seleccionado con vista a lograr estes resultados”.
Esta área de coñecemento na Educación Primaria debe fundamentarse especialmente na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara o coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, de valores e de normas referentes ao corpo e ao movemento.
Durante a etapa de Primaria, realizaranse as tarefas a través do xogo dirixido para que os nenos/as traballen aspectos da motricidade divertíndose e sin darse conta de que así o están a facer. Empreremos o xogo como o eixe vertebrador das nosas sesións; tendo en conta que a Educación Física é moito máis que xogo, pero é moi pouco sen el.