O VOLEIBOL

Durante o segundo trimestre e no terceiro ciclo de Primaria, comezamos a traballar a Unidade Didáctica de Voleibol. Durante o desenvolvemento da mesma, comezaremos a adentrarnos no mundo deste divertido deporte e de tódolos seus beneficios. Ao finalizar esta Unidade Didáctica teremos sentadas as bases para que os nosos alumnos e alumnas poidan disfrutar da práctica deste deporte.
Pero...¿Que é o Voleibol?
O Voleibol foi creado en 1895 por William G. Morgan. Era entonces director de Educación Física no YMCA de Holihoke, no estado de Massachusetts, e establecera, desenvolvera e dirixira un extenso programa de exercicios e de clases deportivas masculinas para adultos. Déuse conta de que precisaba de algún xogo de entretenemento e competición á vez para variar o seu programa, e non dispoñía máis que do baloncesto, que fora creado catro anos antes (1891). Botou man dos seus propios métodos e experiencias prácticas para crear un novo xogo.
Morgan describe así as súas primeiras investigacións: "O tenis presentouse en primeiro lugar ante min, pero precisaba de raquetas, pelotas, unha rede e demáis equipo. Desta maneira foi descartado. Nembargantes, a idea dunha rede parecía boa. Elevámola sobre uns 6 pés e 6 pulgadas do chan, é dicir, xusto por riba da cabeza dun home medio. Debiamos ter un balón e entre aqueles que probaramos, tiñamos a cámara do balón de baloncesto. Pero relevouse demasiado lixeiro e demasiado lento; entonces probamos co balón de baloncesto, pero era demasiado grande e demasiado pesado. Deste xeito nos vimos na obriga de facer construir un balón de ciro coa cámara de caucho que pesaba entre 9 e 12 onzas".
A reglamentación inicial e máis os conceptos de base, foron establecidos: a "Mintonette, primeiro nome co que se bautizou, acababa de nacer. O profesor Halstead fai fincapé sobre a "batida" ou a fase activa do lanzamento e propón o nome de "Voleibol".
Concepto e Características:
O Voleibol é un deporte colectivo de cancha dividida (segudno a categoría de Read e Davis). Na versión deportiva adulta, seis xogadores se enfrontan contra outros seis. Nel, os xogadores/as teñen que facer pasar o balón por riba da rede, entre as varillas, e tratar de que o balón toque o chan no campo contrario ou dficultar a súa devolución. con unha marxe de tres toques para xogar o balón antes de poder atacar ou devolvelo.
Na vesión do Minivoleibol, aplicable á escola, adáptanse os diferentes aspectos formais e funcionais do regulamento, fundamentalmente o espacio de xogo e a altura da rede.
este deporte esixe velocidade, capacidade de salto, resistencia á forza explosiva, velocidade de reacción, coordinación, capacidades perceptivas, velocidade de decisión,...
As habilidades máis solicitadas son os saltos e os golpeos.
Durante este curso participamos na campaña de "Pequevolei" organizada pola Federación Española de Voleibol, e que busca fomentar o coñecemento e a práctica do Voleibol na escola.
Facendo "click" na imaxe lateral de "Pequevolei", poderedes ter máis información e animacións deste divertido deporte.