O BALONCESTO

Este deporte foi creado por James A. Naismith, en Springfield (Massachusetts), Estados Unidos, no mes de decembro de 1891.

James Naismith era profesor no Springfield College, de Massachusetts, unha institudción YMCA (asociación de xoves cristianos). Un dos seus superiores,o doutor Luther Gulick, decano do departamento de Educación Física, suxeriulle na primavera do ano 1891, que estudiara a posibilidade de crear un deporte con características como as seguintes:

-Que se poidera xogar dentro do ximnasio do colexio e por equipos.

-Que se poidera xogar en inverno, xa que non se podía facer deporte en dita tempada ao aire libre.

Naismith emprendeu un traballo tomando elementos de outros deportes coñecidos, entre eles o fútbol e o rugbi principalmente; despois redactou as regras fundamentais do novo deporte. Por suposto que esas regras foron evolucionando moito ata os nosos días, pero os seus fundamentos seguen vixentes no Baloncesto actual. Cando cheou decembro de 1891, os estudiantes de Springfield aproveitaron as súas vacacións para difundir o deporte recén creado en localidades próximas e a YMCA decidiu promocionalo en tódalas súas institucións. Hoxe en día é un dos deportes máis practicados do mundo.