O AERÓBIC
SURF
O surf é un deporte que consiste en deslizarse sobre as ondas do mar de pe sobre unha táboa, dirixíndoa gracias a unha ou varias quillas situadas na parte traseira da táboa.BÉISBOL
Os días 7 e 8 de abril, viñeron ao colexio dous adestradores do equipo de béisbol Lume Lugo, Jesús y Eduard, que nos ensinaron un pouco máis deste divertido deporte e que non é moi coñecido no noso pais ainda que noutros lugares si que é moi popular.O BALONCESTO
Naismith emprendeu un traballo tomando elementos de outros deportes coñecidos, entre eles o fútbol e o rugbi principalmente; despois redactou as regras fundamentais do novo deporte. Por suposto que esas regras foron evolucionando moito ata os nosos días, pero os seus fundamentos seguen vixentes no Baloncesto actual. Cando cheou decembro de 1891, os estudiantes de Springfield aproveitaron as súas vacacións para difundir o deporte recén creado en localidades próximas e a YMCA decidiu promocionalo en tódalas súas institucións. Hoxe en día é un dos deportes máis practicados do mundo.
O VOLEIBOL
LOITA LIBRE OLÍMPICA
- Por tocado: Cando o loitador mantén controlado coas dúas omoplatas sobre o tapiz ao seu adversario, o tempo suficiente para que o corpo arbitral o constate. Non importa o marcador.
- Gañando dous dos tres periodos. Se un loitador gaña os dous primeiros periodos o terceiro non se disputa.
INFOGRAFÍA SOBRE AS INSTALACIÓNS MADRID 2016
Non puido ser, Madrid quedou sen poder organizar as Olipíadas do ano 2016, pero as instalacións xa están case rematadas. Se as queres ver, fai "click" no seguinte enlace:http://www.marca.com/2009/09/29/multimedia/graficos/1254225273.html
INFOGRAFÍA SOBRE O COIDADO DA ESPALDA
Fai "click" no seguinte enlace: http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2005/11/30/147379.php
O GOLF

VOCABULARIO BÁSICO:
- GRIP: A forma de coller o pau.
- SWING: Modo de golpear a bola.
- GREEN: Zona de herba moi corta onde está situada a bandeira.
- RÚA: Zona do campo que precede ao Green.
- HOLE IN ONE: Cando a bola entre no burato ao primeiro golpe.
- PAR: Número de golpes nos que se debe facer a burato.
- BIRDIE: A bola entra no burato empregando un golpe menos do que indica o par.
- BOOGEY: A bola entra no burato empregando dous golpes menos do que indica o par.
- ALBATROSS: A bola entra no burato empregando tres golpes menos do que indica o par.
- HÁNDICAP: Especie de credencial que indica o teu coñecemento do xogo, otorgándoche unha ventaxa maior ou menor para completar o par do campo.
O golf, está tratando de romper esa "etiqueta" de elitismo de deporte que só poden practicar as persoas con maior poder adquisitivo, e que, lonxe de ser un deporte aburrido e monótono como moita xente (que nunca xogou a el) pensa, é un deporte moi divertido no que o xogador está en continuo desafío consigo mesmo e contra o entorno que lle rodea.
AS FUNCIÓNS DA EDUCACIÓN FÍSICA.
A Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación total que utiliza dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións:- Función de coñecemento: na medida de que o movemento é un dos instrumentos cognitivos fundamentais da persoa. A través del a persoa organiza as súas percepcións, a súa imaxen, a dos demáis e do entorno.
- Función de organización perceptiva: Defendida por Piaget, destaca a importancia do movemento na formación da intelixencia e como este contribúe, a través das percepcións e experiencias, a formar, coñecer, representar o seu corpo, o dos demáis e o mundo que o rodea.
- Función anatómico-funcional: Relativa á mellora das capacidades do individuo. é unha función que deu dende o principio da humanidade, dende a mesma Prehistoria, ata a actualidade.
- Función estético/comunicativa: Por medio de manifestacións artísticas e de comunicación.
- Función de relación social coas demais persoas: Interaccionando co resto de participantes.
- Función agonística: Supón a demostración das habilidades e cualidades dun individuo, permítelle medirse, loitar, superarse, mellorar, enfrontarse e especialmente, competir.
- Función hixiénica: Mellorando a saúde e previndo enfermidades. Esta é unha das funcións máis antigas atribuidas ao movemento.
- Función hedonista: Relativa ao pracer que produce o movemento.
- Función de compensación: Supón a superación das restriccións ou dos efectos producidos pola sociedade industrial (sedentarismo) e como efécto catártico (para liberar tensións.
¿QUÉ É A EDUCACIÓN FÍSICA?

- (Bucher, 1999), define a Educación física do seguinte xeito: “ É unha parte integral do proceso total educativo e que ten como propósito o desenvolvemento de cidadáns física, mental, emocional e socialmente sans, a través do medio das actividades físicas que se teñan seleccionado con vista a lograr estes resultados”.











